A Ruta #AtarseLosCordones chega a Galicia

A Ruta #AtarseLosCordones chega a Galicia

A Ruta #AtarseLosCordones chega a Galicia

Pablo Echenique estará en Santiago este 9 de decembro

Avecíñase a segunda Asemblea Cidadá Estatal e nela construiremos o Podemos da nova época entre todos e todas. Despois de correr durante case tres anos de frenético calendario electoral, toca parar o balón e pensarnos a nós mesmos. Toca atarnos os cordóns para seguir camiñando firme e lonxe.

É fundamental, por iso, que nesta segunda Asemblea Cidadá Estatal os Círculos teñan un papel protagonista; en especial no que incumbe ao seu papel e funcións no novo Podemos. É indispensable que as preguntas que afectan os Círculos non se contesten desde «a cúpula» ou cunha visión centralista, senón que se faga desde a base e coa enorme diversidade que enriquece a nosa organización ao longo e ancho do Estado. É esta, de feito, a única forma de que as respostas sexan as máis intelixentes e adecuadas.

Por iso, desde a Secretaría de Organización quixemos coller o touro polos cornos e lanzar a Ruta #AtarseLosCordones, que este 9 de decembro ás 18.00 horas chega ao Salón de Actos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Vida, Avda. Dr. Anxo Echeverri, s/n).

Por iso, tamén deseñamos un método de elaboración e recollemos de propostas desde a base que persegue que cheguemos cos deberes feitos a «Vistalegre 2», que todos os documentos que se presenten poidan coñecer dunha forma ordenada e estruturada a visión dos Círculos e que así sexamos capaces de deseñar con intelixencia colectiva e participación cidadá o movemento político da próxima década. Podedes ampliar esta información en https://atarseloscordones.podemos.info/ onde publicamos unha guía con todos os detalles do proceso.

Vémonos este venres 9 de decembro para explicar os detalles da ruta e para recoller as primeiras propostas dos Círculos de Galicia.

Porque sós imos rápido, pero xuntos imos lonxe.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies