Anteproxecto Lei Saúde de Galicia

Anteproxecto Lei Saúde de Galicia

Anteproxecto Lei Saúde de Galicia

A saúde representa un dereito fundamental para a cidadanía, un dereito que volve a ser atacado pola Xunta de Galicia. O novo anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia, publicado neste mes de agosto, afonda na precarización e mercantilización da sanidade pública galega, priorizando o criterio económico en detrimento das necesidades da poboación galega. A intención de reducir de once a sete as áreas sanitarias responde á política de recortes que ven implantando o goberno de Feijóo dende fai anos, sobre todo nos hospitais comarcais. Este anteproxecto rompe precisamente co principio de que na creación das áreas sanitarias débense ter en conta factores xeográficos, socioeconómicos ou demográficos.

Aínda que todavía por definir, a supresión das áreas sanitarias de O Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés, significa a centralización do sistema sanitario público galego nas sete Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXI), o que obrigará a moitos pacientes a ter que desprazarse en traxectos de ata dúas horas; traxectos para os que non sempre existe un medio de transporte público eficiente. Esta nova reorganización non ten en conta a peculiaridade xeográfica galega, na cal unha importante porcentaxe de persoas viven no rural. En lugar de adaptar o sistema sanitario ás necesidades da poboación, vivimos unha regresión cara unha centralización do servicio, xa que os hospitais das áreas suprimidas perden a súa autonomía, o que aumentará o nivel de burocratización da sanidade co conseguinte perxuicio para o paciente. Ademais, os hospitais de referencia das sete EOXI serán as que perciban a maioría dos recursos sanitarios, sendo os máis afectados os hospitais comarcais que perden a área sanitaria.

Por outro lado, este anteproxecto tamén afonda na privatización do I+D+I do Sergas, xa que se pretende dotar con personalidade xurídica propia e autonomía aos organismos público-privados, os cales decidirán onde se inviste o 50% do orzamento sanitario destinado para tal fin. Tratase de poñer os recursos públicos ó servicio da empresa privada para que sexa ela a que decida onde se invisten os cartos, algo ao que nos opoñemos frontalmente.

Retirar o proxecto e crear 3 áreas máis

Desde Podemos Galicia, pedimos a retirada deste anteproxecto e o mantemento das once áreas existentes, ademáis da creación de outras tres áreas sanitarias, de forma que se acade un sistema público de saúde que responda realmente ás necesidades dos galegos e galegas.

O Salnés e O Barco

Baixo estas premisas, a Secretaria Xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, participou esta tarde-noite nun encontro coa plataforma en defensa da sanidade do Salnés para coñecer de primeira man as reivindicacións dos profesionais e usuarios afectados pola futura lei, así como para expresar o apoio da formación morada ás súas demandas.

Carmen Santos le as demandas dxs afectados pola supresión da área sanitaria do Salnés xunto a Eva Solla, compañeira deputada no Grupo Parlamentar de En Marea e voceira de EU.

O posicionamento de Podemos en contra da lei tamén foi trasladado polos compañeiros e compañeiras do Círculo do Barco á Plataforma de Valdeorras, que tiveron a súa reunión onte, na que acordaron xa unha campaña de mobilizacións, apoiados polas distintas forzas políticas e asociacións, para pedir a retirada do proxecto de lei e defender a súa área sanitaria.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies