Calendario e Regulamento de Primarias

Calendario e Regulamento de Primarias

Prezadxs compañeirxs:

Baixo o compromiso adquirido desde o primeiro momento de axilizar ao máximo o proceso de elección dos órganos da estructura interna de Podemos Galicia, como Equipo Técnico comprácenos informarvos de que en breve, a xente inscrita decidirá a composición dos novos órganos.

Hoxe, dúas semanas despois da nosa designación, dirixímonos de novo a vos para presentar o calendario que rexirá o proceso de Primarias polo que sairán escollidos os cargos orgánicos galegos.

Do mesmo xeito, adxuntamos o regulamento aprobado polo Consello Cidadán Estatal.

As datas sinaladas son:

  • Do 15 ao 28 de marzo: Concesión de avais de candidaturas individuais ou de equipas.
  • Do 28 ao 30 de marzo: Inscripción das candidaturas (individuais ou de equipas)
  • 1 de abril: Publicación das candidaturas.
  • Do 28 de marzo ata o 2 de abril: Subsanación de incidencias técnicas.
  • 3 de abril: Publicación das candidaturas definitivas.
  • Do 4 ao 10 de abril: Campaña electoral.
  • Do 8 ao 10 de abril: Período de votación.
  • 12 de abril: proclamación dos resultados.

Pódese comprobar que os prazos para a concesión de avais e máis dilatado do habitual, por entender que estando a Semana Santa de por medio, era preciso dar todas as facilidades posibles para quen participe no proceso, ben para a solicitude ou ben para a concesión de avais.

Calendario primarias podemos

Calendario primarias podemos

A espera dun proceso amplo e participativo, no que Podemos Galicia saia reforzada cara os retos a afrontar, seguiremos informando.

Recibide en tanto un agarimoso saúdo.

Equipo Técnico Galicia

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies