Cando unha crise económica golpea un país o maior risco de esclusión afecta ás persoas máis vulnerables

Cando unha crise económica golpea un país o maior risco de esclusión afecta ás persoas máis vulnerables

Cando unha crise económica golpea un país o maior risco de esclusión afecta ás persoas máis vulnerables

A Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA), inagurou o pasado venres o décimo Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental nun acto celebrado na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago. A secretaria xeral de Podemos Galicia e tamén deputada por En Marea, Carmen Santos, así como a Concelleira de Servizos Sociais de Santiago, Concha Fernández, asistiron en calidade de convidadas.

Acto celebrado na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago

Acto celebrado na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago

O Seminario da Discapacidade, que cumple xa dez anos, permite traballar na mellora dos apoios que reciben en Galicia as persoas con discapacidade intelectual e con trastornos mentais, dando resposta ás necesidades do colectivo a través de diferentes palestras e talleres prácticos. Deste Xeito, FADEMGA busca a implicación activa de profesionais e administración para garantir unha integración social e laboral plena das persoas afectadas.

Abriu o seminario a presidenta de FADEMGA, Carmela González, que fixo fincapé no necesarias que son este tipo de xornadas para seguir avanzando na total integración das persoas con discapacidade intelectual, que en moitos casos non reciben o apoio e a atención debidas, xa que presentan características psicolóxicas e clínicas diferenciadas que, en moitos casos, supoñen dificultades engadidas no diagnóstico das problemáticas que as afectan, polo que valorou dun xeito positivo que cada vez máis profesionais e administracións públicas se acheguen ó Seminario.

Concha Fernández, Concelleira de Servizos Sociais de Compostela, pola súa banda, fixo un pequeno resumo das liñas de actuación coas que están traballando dende dita área do concello compostelán, e sinalou tamén o necesaria que é a participación de profesionais de distintos eidos para seguir camiñando cara a unha plena integración dos colectivos con diversidade intelectual.

Carmen Santos, Secretaria Xeral de Podemos Galicia

Carmen Santos, Secretaria Xeral de Podemos Galicia

Carmen Santos centrou a súa poñencia no feito de que as administracións públicas adoptan un enfoque asistencial, axudando a cubrir as necesidades das persoas con diversidade intelectual ou problemas de saúde mental, o que valorou como “insuficiente”. Para a secretaria xeral de Podemos Galicia, a política pública nesta materia ten que ir enfocada á normalización e facilitación como ferramentas para garantir unha integración total, o que para a deputada é o obxectivo a acadar. Para Santos, sempre que se da unha situación de crise, son as persoas máis vulnerables as que corren maior risco de verse escluídas, algo que non é o modelo social dos Concellos do Cambio, nin de En Marea en Galicia nin de Podemos no conxunto do estado, onde “se van impulsar políticas públicas que constrúan un país xusto”.

Este seminario da comezo á campaña que o Movemento pola Plena Inclusión levará a cabo durante esta semana en todo o territorio nacional para contribuir á visibilización das persoas con diversidade intelectual ou do desenvolvemento con grandes necesidades.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies