Carmen Santos, optimista ante a participación galega en Sol o 20M

Carmen Santos, optimista ante a participación galega en Sol o 20M

Carmen Santos, optimista ante a participación galega en Sol o 20M

A secretaria xeral de PG asistirá antes da concentración á reunión ordinaria do CCE, convocada tamén para esa xornada

Santos prevé alta participación dende Galicia ante os datos de participación na consulta telemática sobre a pertinencia da moción, a reserva de prazas dos buses facilitados pola organización e o éxito da ruta do Tramabús hai tan só unhas semanas

A líder do partido morado en Galicia lembra que este país, precisamente, ten moitos motivos para apoiar a moción e puxo como exemplo a reciente imputación de Villar Mir, xusto cando o goberno de Feijóo ten que decidir se avala a venda de Ferroatlántica, “o último grande pelotazo do empresario”

Santiago de Compostela, 18 maio 2017.- A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, encabezará a delegación galega que participará o próximo sábado día 20 na concentración na Porta do Sol, en Madrid, en apoio á necesaria moción de censura contra Rajoy.

Carmen Santos acudirá na súa dobre condición de secretaria xeral e membro do CCE, que se reunirá unhas horas antes, para logo desprazarse todas xuntas ata a concentración. Membros da executiva de Galicia, do CCA, deputados e deputados tanto da Cámara galega como do Congreso e un bo número de inscritos e inscritas teñen confirmada xa a súa presenza no acto en Sol.

Santos prevé unha grande mobilización desde Galiza, vistos os datos de participación na consulta organizada por Podemos para avalar ou non a presentación da moción, que foron dos máis elevados do Estado, preto de 5.000 inscritos e inscritas. Asemade, as reservas de prazas nos autobuses facilitados pola organización -que remata esta mesma noite- e as persoas que xa amosaron a súa intención de se desprazar pola súa conta, “fannos ser moi optimistas respecto da reposta galega ante esta mobilización”, afirmou.

Para a secretaria xeral e vicevoceira 2ª do GP En Marea, ten lóxica a expectación creada e as ganas de ser parte da Moción Cidadá do día 20, toda vez que Galiza é un dos territorios onde se fan más evidentes e explícitos moitos dos casos de corrupción polos que é preciso botar ao “partido imputado” das institucións.

Neste sentido, salientou a acollida da ruta do Tramabús hai unhas semanas por Galiza e paradas como a feita en Cee, en Ferroatlántica, cuxa venda pretendía ser o último grande pelotazo de Villar Mir, empresario protagonista do bus que precisamente estes días foi finalmente imputado pola presunta financiación ilegal do PP en Madrid. “Xusto cando Feijóo ten que decidir se avala a operación do empresario ou non, advirte Carmen Santos, quen xa avisa ao presidente de que por moito que agora tente lavarse as mans e derivar a responsabilidade da decisión nos funcionarios -como anunciou hoxe no Consello da Xunta-, el é o responsable último da autorización da venda”.

Carmen Santos considera que este é só un exemplo dos moitos motivos que xustifican o apoio á Moción de Censura e anima a que todos os cidadáns e cidadás pensen no seu, “que de seguro han de atopalo, e se unan ao berro cidadá de Sol o próximo sábado. Como fixeron os membros do Comité Cidadá de Reganosa ou os representantes de Acerga e da asociación Long Hope no acto de peche do Tramabús, “porque non fan nada por nada nin por ninguén, hai que botalos”. Entre todas, podemos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies