Cartos con olor a incendio.

Cartos con olor a incendio.

Cartos con olor a incendio.

Galicia sofre ano a ano, mes a mes, o avance do lume. Durante o 2016 os incendios arrarson 21.112,19 Ha, das que máis de 8.800 foron de masa arbolada, case o dobre que en 2015, posicionando o 2016 como o peor ano no que vai da década.

Os datos son concluíntes. Nos últimos 40 anos arderon no país máis de 1,6 millóns de Ha, o que equivale a máis do 55 por cento do noso territorio.

Para protexer o patrimonio natural en toda a súa magnitude non abonda con que se escriban plans e manuais de boas prácticas senón que hai que pasar á acción cumprindo coa planificación forestal. Corenta anos de incendios e máis da metade de Galicia queimada supón unha experiencia suficiente como para entender que o camiño emprendido non é o correcto.

Álvaro García, Fiscal de Medioambiente e Urbanismo de Galicia

“A presenza dos incendios é constante na vida social de Galicia, tanto polo uso instrumental que fan deles os políticos como pola repercusión pública das noticias que xeran”. Quen fala así non é calquera persoa, senón Álvaro García, Fiscal de Medioambiente e Urbanismo de Galicia.

Esta instrumentalización política leva décadas instalada en Galicia. Os sucesivos gobernos incumpriron o plan forestal dende 1982 e case un ano despois do decreto de inicio do procedemento de redacción dun plan novo, aínda estamos agardando.

Estas non son afirmacións gratuítas, senón que se materializan nos orzamentos xerais de Galicia onde, ano tras ano, o gasto se centra na extinción e non na ordenación e prevención dos incendios no espazo forestal, como denuncia o propio Consello de Contas de Galicia.

Hai un nome entre todos os que estiveron involucrados na política forestal do país que leva en postos de decisión política dende a época de Fraga: Tomás Fernánde-Couto Juanas, actual

Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

, responsable en grande parte da desordenación forestal de Galicia, que debería dimitir. Semella que 25 anos de plan forestal (1992) incumprido non son suficientes para que abandone o cargo.

Volvendo aos datos, no periodo 2001-2012 calcúlase unha media anual de máis de 11.000 Ha de masa arbolada queimada cun total de máis de 30.000 ha de superficie forestal calcinadas. Estes datos, máis aló do grave risco que supón para a saúde das persoas e para a supervivencia dos ecosistemas que dependen dos bosques, constitúe un grave risco de erosión do chan e de potenciación do cambio climático, que choca frontalmente coas políticas ambientais e de recuperación e conservación da biodiversidade. Ademais, supoñen un quebranto manifesto do potencial económico do sector forestal, hoxe maioritariamente volcado na produción de eucalipto para producir pasta de papel para Ence e aglomerado, desperdiciando outras vías e transformacións da madera que xerarían moitísima máis riqueza en Galicia.

Estas cifras de superficie forestal calcinada son un pozo inesgotable de gasto público que debe ser revertido con políticas educativas e preventivas que garantan un novo concepto ecolóxico-social de aproveitamento do espazo forestal galego.

No mesmo período, a extinción de incendios forestais absorveu arredor dos 100 millóns de euros anuais, unha cuantía significativa de recursos públicos que, de cara ao futuro, presenta importantes riscos en relación coa súa sostibilidade económica.

Este ano, seguindo a mesma tónica, máis de 100 millóns de euros se adicarán á extinción, dos cales a maior parte acabarán en privatizacións tras oscuros procesos de contratación que, presumiblemente, terminarán en mans das empresas Natutecnia e Inaer debido ao lastre que supón non ter rematado, desenvolto e implantado o novo plan forestal que ordene e rendabilice o sistema forestal galego con vectores ecolóxico-económicos de aproveitamento de excedentes forestais, modelos sivícolas e de recursos endóxenos de cada ecosistema forestal acordes co cambio climático, tal e como propón Podemos Galicia.

No que vai de ano, os incendios forestais xa calcinaron máis de 1.000 hectáreas, cebándose na provincia de Ourense, sendo as comarcas máis castigadas as de Valdeorras, A Baixa Limia e o Xurés en Lobios.

Incendio na comarca de Valdeorras

A desestacionalización dos incendios forestais é un feito, pero non así a ordenación nin a prevención nin os servizos de extinción, que deberían funcionar garantindo un pleno rendimento durante todo o ano.

Esta situación, aínda que non é nova en Galicia, significou para o Partido Popular o pistoletazo de saída cara a privatización do servizo de extinción, coas primeiras contratacións á empresa Natutecnia, mentres se prescinde pola porta de atrás de máis de 1.000 traballadores entre setembro e novembro de 2016.

Daniel Licera
Área de Medio ambiente, ecología y sostenibilidad
Podemos Galicia

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies