Catro mulleres asasinadas por violencia machista en tan só 48h

Catro  mulleres asasinadas por violencia machista en tan só 48h

Catro mulleres asasinadas por violencia machista en tan só 48h

Nº 103.- 19 decembro, en Barcelona, a doctora Victòria Bertran foi asasinada a tiros con unha escopeta de caza polo seu marido, quen despois suicidouse.

Nº 103.- 19 decembro, en Barcelona, a doctora Victòria Bertran foi asasinada a tiros con unha escopeta de caza polo seu marido, quen despois suicidouse.

Nº 102.- 18 decembro, na Pobla de Mafumet (Tarragona). Carmen Ginés Abelló, de 44 años, apaleada e degollada por F.J.M.M., de 44 años, a súa parella actual, detido tras confesar o cremen.

Nº 102.- 18 decembro, na Pobla de Mafumet (Tarragona). Carmen Ginés Abelló, de 44 años, apaleada e degollada por F.J.M.M., de 44 años, a súa parella actual, detido tras confesar o cremen.

Nº 101.- 18 decembro, en Santiago (A Coruña), Elena Marcu M., de 30 años, apuñalada ata a morte pola súa ex parella, que se atopa fuxido.

Nº 101.- 18 decembro, en Santiago (A Coruña), Elena Marcu M., de 30 años, apuñalada ata a morte pola súa ex parella, que se atopa fuxido.

Nº 100.- 17 decembro, en Vigo, Ana María Enjamio, de 25 anos, asasinada por un compañeiro de traballo, apuñalándoa polo menos dez veces. O agresor intentou suicidarse posteriormente.

Nº 100.- 17 decembro, en Vigo, Ana María Enjamio, de 25 anos, asasinada por un compañeiro de traballo, apuñalándoa polo menos dez veces. O agresor intentou suicidarse posteriormente.

Victòria Bertran, Ana María Enjamio, Elena Marcu e M. Carmen Ginés Abelló, son os nomes de catro  mulleres asasinadas por violencia machista en tan só 48h este mes: dúas en Galicia, e outras dúas en Cataluña. Todas as mulleres temos nome e apelido, todas temos vida até que o sistema patriarcal nos asfixia e en moitísimos casos nos mata.

A pesar das 48 vítimas que contabiliza o goberno somos 103 mulleres menos no que vai de ano. Señora Dolors Montserrat, Señores Rajoy e Feijóo a que están esperando para poñerse a traballar? Para convocar a todas as forzas democráticas e consensuar un pacto contra da violencia machista coa cidadanía? Para poñer medios económicos e medidas de protección para que esta lacra comece a ser cousa do pasado? Non lle parecen suficientes 103 mulleres asasinadas no que levamos de ano e 400 denuncias por día?

Non queremos que as nosas netas, as nosas fillas, as nosas nais ou nós mesmas formemos parte desa vergoñenta estadística.

Dende a Área de Igualdade e Feminismos e o Círculo Feminismos Podemos Galicia esiximos un Pacto de Estado e coa cidadanía; educación feminista, en igualdade, en todos os centros e a todos os niveles formativos, garantías habitacionais e axudas económicas para as mulleres maltratadas e as súas fillas e fillos; medidas de afastamento para o maltratador con control telemático permanente.

Un Goberno que mira para outro lado e se atrinchera nun sistema patriarcal e burgués mentres están asasinando ás mulleres polo feito de selo, non ten lexitimidade e non nos representa.

O machismo nos está matando!!! Nunca máis unha muller menos!!!

Área de Igualdade e Feminismos Podemos Galicia e Círculo Feminismos Podemos Galicia

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies