Comunicado sobre a paralización do proceso electoral de En Marea

Comunicado sobre a paralización do proceso electoral de En Marea

Comunicado sobre a paralización do proceso electoral de En Marea

Como sabedes, Podemos Galicia ven participando, xunto con outros actores políticos do cambio, no espazo de confluencia de En Marea respondendo ao mandato das persoas inscritas de traballar por construír maiorías políticas e unidade popular.

Nos últimos dous días unha serie de acontecementos impediron o desenvolvemento normal do proceso de votación para a renovación do Consello das Mareas, que ía celebrarse esta fin de semana e que no momento actual atópase suspendido. Tras o acontecido este venres e sábado co desenvolvemento das eleccións internas aos órganos de dirección do partido instrumental En Marea, desde Podemos Galicia entendemos imprescindible pór en coñecemento de cada unha das persoas inscritas unha lectura clara do acontecido.

O venres pola noite, a poucas horas do inicio da votación en En Marea, a Comisión de Garantías de En Marea emitiu un comunicado solicitando paralizar as primarias. O Comité Electoral, único órgano lexitimado para suspender o proceso, logo de revisar as alegacións feitas pola Comisión de Garantías, entendeu que se daban todas as condicións para que o proceso de votación se celébrase segundo o previsto, decidindo continuar nos prazos previstos.

Dado que o órgano lexitimado procedimentalmente para a apertura do proceso é o Comité Electoral a votación abriuse o 1 de decembro, tal e como estaba previsto, ás 09.00 horas, razón pola que, como non podía ser doutra forma, e en aras de acadar unha alta participación, animamos as nosas inscritas a que así o fixeran.

Apenas dúas horas despois da apertura da votación, desde a dirección saínte de En Marea, decidiron paralizar e suspender as votacións por requirimento do presidente do partido instrumental ao organismo encargado de xestionar a votación telemática, contradicindo así ao Comité Electoral de En Marea, único órgano lexítimo para tomar dita decisión, como comentamos anteriormente, no ámbito do proceso electoral interno do partido instrumental En Marea.

Ante esta situación e ante a paralización do proceso electoral para a renovación dos órganos internos de En Marea, desde Podemos Galicia só podemos esperar e demandar unha pronta e transparente solución.

Desde Podemos Galicia e baixo o mandato das persoas inscritas sempre apostamos, coa xenerosidade e a transparencia como ADN,  por construír ferramentas de unidade popular e de construción de maiorías políticas no espazo do cambio en Galicia. Esas ferramentas teñen que respostar aos códigos democráticos e éticos dunha ferramenta como Podemos.

Desde Podemos Galicia, polo tanto, esperamos e instamos que a situación en En Marea se solvente de forma áxil e absolutamente transparente permitindo ás persoas inscritas votar con garantías no proceso de renovación dos seus órganos de dirección.

Seguimos. Sumando.

Podemos Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies