A importancia de preservar o medio ambiente | Dia Internacional da Vida Silvestre.

A importancia de preservar o medio ambiente | Dia Internacional da Vida Silvestre.

A importancia de preservar o medio ambiente | Dia Internacional da Vida Silvestre.

Ao longo da vida do noso planeta podemos observar como a localización xeográfica, a orografía e o clima definen as diferentes tipoloxías de especies que habitan o territorio, sendo o home o único animal capaz de vivir en calquera zona do planeta independentemente da súa situación xeográfica e climática. A expansión do _Homo sapiens_ ao longo da superficie terrestre durante o século XX provocou a maior extinción de especies (despois de era glaciar) derivada da codicia e a máis que palpable desafección humana pola natureza e os seus valores. Europa lanzou en 1992 a directiva 92/43/CEE, coñecida como a diretiva Habitats que xunto á Directiva 79/409/CEE coñecida como a Directiva Aves, forman o núcleo normativo sobre o que pivota a REDE NATURA 2000, un conxunto de espazos naturais e protexidos onde preservar a longo prazo a vida silvestre de cada zona climática. Neste contexto evolutivo, Galicia confórmase como unha rexión de gran biodiversidade grazas a que o espazo galego atingue un amplo arco de altitudes que van dende os fondos mariños ata os 2.124 metros de Pena Trevinca. Ademais o seu illamento favoreceu o seu rol como zona refuxio para moitas especies nas últimas glaciacións, facendo posible a evolución de moitas especies endémicas únicas, que soamente habitan no noso territorio. Temos insectos que dende un punto de vista xenético son tan particulares coma os canguros australianos! Lagoa_de_Antela- Aínda que a lexislación é moi clara no senso da protección das especies os sucesivos gobernos da Xunta de Galicia non foron quen de conservar e/ou recuperar espazos naturais para o desenvolvemento da vida silvestre como pode ser o caso da lagoa de Antela en Ourense ou a marisma de Lourizán en Pontevedra, espazo ocupado pola pastera ENCE. As especies silvestres ben entendidas como especies autóctonas e non as invasoras, teñen en Galicia o inimigo na casa con Feijóo como cabeza máis visible. As políticas dos últimos 20 anos de expansión das variedades de eucalyptus como cultivo forestal transformou a Galicia de frondosas na despensa da materia prima para as fábricas de pasta de papel de ENCE. Xunto ao incumprimento do plan forestal de Galicia de 1992 deixando plantar máis de 460.000 hectáreas de eucalyptus cando estaban planificadas 120.000 ha. que están a desprazar as especies silvestres tipicamente galegas, temos a absoluta neglixencia no abandono do territorio co continuo avance de especies invasoras, como as mimosas, que ben pode verse hoxe en toda a depresión do Miño ao seu paso pola cidade de Ourense e o Ribeiro ou a aparición dos coñecidos “plumachos”. Peña_trevinca A falta de interese ambiental por parte da administración galega queda patente na política expansionista que afecta á natureza na que a tramitación ambiental vese como un escollo que lastra a viabilidade económica dos plans e proxectos a avaliar.Neste senso temos estes días na prensa exemplos de desidia ambiental como a tramitación das directrices do paisaxe que, si ben se fixeron de xeito colaborativo, a escasísima participación da cidadanía non avala a redacción do documento. Engadir a ilegalidade na tramitación do impacto ambiental, xa que se está a realizar baixo a figura de avaliación ambiental estratéxica simplificada de xeito irregular pois segundo o artigo 6 da lei 21/2013 de avaliación ambiental, as directrices da paisaxe son un plan avaliable polo procedemento ordinario xa que as directrices do paisaxe formarán parte do marco lexislativo a ter en conta de cara ao sometemento futuro de proxectos á avaliación de impacto ambiental. En Podemos pensamos doutro xeito, entendendo a biodiversidade na natureza, os recursos naturais e o clima como un conxunto de elementos que temos a obriga de coidar posto que prestan un servizo á sociedade de incalculable valor mantendo o aire limpo, a auga doce e os solos fértis para producir alimentos. O noso patrimonio natural é a base da nosa riqueza produtiva. Entendemos que os seres humanos somos parte dun ecosistema que no caso de cambiar, necesariamente traerá consigo un cambio para os seres humanos. Consideramos que a política ambiental debe poñer en valor a natureza deixando de ser un problema do desenvolvemento social e económico para pasar a ser parte da solución nunha Galicia máis recoñecible como terra de frondosos bosques e natureza viva.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies