En defensa do Sistema Público de Pensións

En defensa do Sistema Público de Pensións

En defensa do Sistema Público de Pensións

O actual sistema de pensións está en perigo e corre un alto risco de desaparecer en prexuizo da cidadanía e, parodóxicamente, en beneficio das elites financeiras e empresariais. Unha situación que, con todo, ten solucións e alternativas reais e totalmente factibles. As propostas de Podemos nesta cuestión pasan pola derogación da reforma das pensións que aprobaron o Goberno do PSOE en 2010 e o Goberno do PP en 2014 e que, unida aos recortes que ven sufrindo toda a cidadanía dende o ano 2011, levou a reducir as pensións nun 2,8 por cento. A isto súmase o novo veto legal de PP e Cidadáns que supón unha redución do poder adquisitivo das pensións nun 3,74 por cento no ano 2017, un 19,20 por cento de perda real na capacidade adquisitiva de xubilados e pensionistas no 2019 e que un 72 por cento dos xubilados cobrarán pensións por baixo dos mil euros; deles, á súa vez, o 49 por cento cobrará menos de 700 €. Ademáis un 2 por cento das pensións contributivas e a totalidade das pensións non contributivas estarán por baixo do umbral da pobreza.

podemos-galicia-defendamos-as-pensions2 Para garantir a sustentabilidade do sistema de pensións, as propostas políticas de Podemos pasan por: poñer fin ás reformas laborais dos gobernos do PSOE e do PP que reduciron os salarios reais e, por tanto, as cotizacións sociais, pola introdución progresiva do financiamento por vía impositiva; a revisión e progresiva supresión dos réximes especiais de cotización para novas afiliacións; a eliminación de beneficios fiscais para a previsión complementaria individual; a eliminación do tope máximo ás cotizacións sen necesidade de incrementar a pensión máxima en similar proporción; a revalorización da pensión mínima, e a revisión de todas as medidas de redución das cotizacións empresariais que non serviron para xerar emprego, malia que si para deteriorar gravemente o saldo da Seguridade Social. Este martes, 20 de decembro, xubilados e pensionistas sairán á rúa en defensa do sistema público de pensións, unha mobilización que en Galicia está convocada por MODEPEN (Movemento Galego en Defensa dás Pensións Públicas) e que se encadra na xornada convocada en todo o Estado nesta mesma data. Compartindo con este movemento reivindicacións e obxectivos, desde Podemos Galicia apoiaremos e acompañaremos a esta plataforma que hoxe loita pola defensa dos seus dereitos, dos DEREITOS DE TODA A CIDADANÍA.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies