Formación para novos retos: moción de censura e municipalismo

Formación para novos retos: moción de censura e municipalismo

Formación para novos retos: moción de censura e municipalismo

Santiago de Compostela, 10 xuño 2017.- A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, presentou a xornada de Formación que está a celebrar o partido ao longo de todo o día en Santiago como outro dos mandatos saídos de Vistalegre2, co obxecto de mellorar o traballo organizativo ante o novo escenario que supón a dita asamblea e ante os retos máis inmediatos, nomeadamente as elecións municipais.

Carmen Santos, en declaración aos medios, explicou tamén que un dos temas que abordarán é o da moción de censura presentada polo grupo confederal Unidos Podemos- En Comú Podem-En Marea e que se debatirá o próximo martes no Congreso, pois tamén marcará un antes e un despois na folla de ruta da organización morada.

Neste sentido, insistiu en que cada día que pasa están máis convencidos e convencidas de que é necesario plantexar unha alternativa ao goberno do Partido Popular, “o primeiro partido imputado da historia da democracia, lembrou; algo inadminisible ante o que non podiamos quedarnos sen facer nada”.

A secretaria xeral afirmou que este tipo de xornadas formativas están a desenvolverse en todos os territorios, dirixidas tantao a cargos técnicos como cadros políticos de Podemos, “ante o reto de seguir afondando nas políticas que queremos implementar dende as institucións”.

Para Santos, traballar en políticas pensadas para a “xente do común” require de debate entre todos e todas, de diferentes estudos e de formacións nas diferentes ferramentas para poder implementalas.

Municipalismo

Reiterou que o primeiro reto é o das elecións nos concellos, por iso o encontro de hoxe focalizous especialmente “no municipalismo, tanto nas cuestións técnicas e administrativas de cómo se funciona nun concello como nas relativas ao Parlamento, cómo traballamos nós os deputados e deputadas co obxecto de poder levar a cabo accións coordinadas entre ambas institucións”.

A secretaria xeral quixo pór en valor que nestes momentos “hai compañeiras concelleiras e tamén con responsabilidades de goberno nalgúns concellos, polo que temos que aproveitar esta capital humano para pensar todas xuntas”.

A xornada tamén reservará tempo para formacións máis específicas sobre temas claves nestes momentos na axenda como a sanidade, o ensino, o feminismo ou o benestar.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies