“Galiza contra a indecencia e a mentira”

“Galiza contra a indecencia e a mentira”

“Galiza contra a indecencia e a mentira”

Remata unha semana na que Podemos e a cidadanía, co seu apoio maioritario á moción de censura contra Rajoy, volveu facer historia. O Partido Popular non o entende, non asume que 170 votos fronte a 179 -entre votos a favor e abstencións- non é gañar, senón deixar en evidencia que non ten maioría na Cámara. As eleccións non son un cheque en branco e a situación de emerxencia que vive o país facía necesario recorrer a esta ferramenta democrática para que a Cámara, onde reside a representación de todos e todas os demócratas, fora testemuña do primeiro debate serio sobre a corrupción e un réxime podre que cómpre mudar.

A través do Grupo Confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea e, sobre todo, a través dos discursos dos seus representantes, nomeadamente Pablo Iglesias, como candidato da alternativa de Goberno, e Irene Montero, abriuse un pouco máis o camiño para un futuro non moi lonxano no que do “hai que botalos” se pasará ao “botámolos”.

Pensar España, Pensar Plurinacional

Como nunca chove a gusto de todos, houbo quen considera que Galiza estivo ausente do debate, e que os deputados e deputadas que conforman En Marea non estiveron á altura do pobo ao que representan. Dende Podemos, rexeitamos rotundamente esta afirmación e por varios motivos:

Porque Pablo Iglesias introduciu, como non podía ser doutro xeito, o debate territorial pero máis alá da cuestión catalana, sabedor de que trascende desta realidade, consciente de que hai que repensar o Estado e a convivencia fraterna entre todas as nacións e territorios.

Porque en coherencia con esta premisa, o secretario xeral de Podemos advertiu a Rajoy sobre a necesidade de recoñecer a diversidade que a dereita teima en negar, tamén a nós; máis aquí seguimos, porque como dixo Castelao: “se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”, que sofre o combate pero non a derrota.

Porque puxo voz no estrado á nosa realidade nacional como “exemplo de rebeldía e alternativa de goberno antes incluso do 15M”.

Porque contou coa voz propiamente da casa, a través de Antón Gómez Reino, que dixo alto e claro: “En Galicia censurámolos”

E porque unha delegación galega, encabezada pola secretaria xeral de PG, Carmen Santos, xunto aos alcaldes do cambio de Santiago, A Coruña e Ferrol, explicitou o apoio do país á moción, amosando, ademais, que outro xeito de gobernar é posible. Está sendo nos concellos así que pode selo, igualmente, nas restantes institucións parasitadas polo PP.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies