NOVO AGRAVIO DO PP AO SECTOR DO MAR

NOVO AGRAVIO DO PP AO SECTOR DO MAR

NOVO AGRAVIO DO PP AO SECTOR DO MAR

Santiago de Compostela, 30 maio 2017.- Os votos en contra do Partido Popular impediron hoxe sacar adiante unha proposición non de lei do GP En Marea, defendida pola súa vicevoceira 2ª e secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, que tiña por obxectivo crear unha Comisión Parlamentar de Seguridade e Sinistralidade Marítima.

A iniciativa, debatida hoxe na Comisión de Pesca, tentaba ter un mecanismo para estudar esta problemática e poder ofrecer así solucións máis acaídas “que melloren as condicións e os medios de seguridade en Galicia”, afirmou Santos.

A vicevoceira lembrou que o sector do mar é nestes momentos o que presenta maiores índices de sinistralidade no país e engadiu que Galicia foi a segunda Comunidade do Estado con maior número de accidentes marítimos, segundo a Comisión de Investigación de Accidentes dependente do Ministerio de Fomento.

Para a parlamentar, que o PP se opoña a unha iniciativa como a presentada non ten calificativos, pois non se fala de números, dixo, senón de persoa con nomes e apelidos, con familias e cun traballo dunha extrema dureza, “na que se arrisca a vida, non só pola idiosincrasia do traballo senón precisamente por non contar coas medidas acaídas tanto para a seguridade como para poder desenvolvelo con normalidade e poder vivir do mesmo sen persecución nin asfixia”.

Confrarías, saneamento e infraestructuras portuarias

Durante este comisión, tamén se debateu outra iniciativa do compañeiro de Podemos e deputado do GP En Marea Pancho Casa, sobre as actuacións que debería levar a cabo o goberno galego sobre as convocatorias de axudas destinadas ás confrarías para o financiamento dos traballos de vixilancia e asitencia técnica.

Como era previsible, non saiu adiante porque non é tema de interese para o “partido imputado” que, en palabras de Carmen Santos, “practican máis as palabras que os feitos, que brillan pola súa ausencia”.

Pola súa parte, o voceiro de Mar do GP En Marea e secretario de Organización de PG, Juan Merlo, defendeu o posicionamento da formación ante o resto das iniciativas dos demais grupos: sobre a arte do xeito; o impacto na frota da obriga da UE de desembarco de todas as capturas; o afortalamento das organizacións rexionais na UE; a veda do santiaguiño; o calendario de actuacións nos Lombos do Ulla ou a mellora do acceso das embarcación sao peirao da Pobra.

Merlo salientou, aproveitando esta última proposición non de lei, presentada polo BNG, a necesidade de levar a cabo un saneamento integral das rías e a mellora das infraestructuras portuarias de todo o país.

Asemade, defendeu a rexeneración dos Lombos de Ulla –a proposta do PSdeG- por tratarse dun dos bancos marisqueiros máis importantes da ría de Arousa, mais no que “hoxe en día prácticamente é imposible atopar marisco”, asegurou.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies