Participa no censo de militantes!

Participa no censo de militantes!

Participa no censo de militantes!

Santiago de Compostela, 3 xuño 2017.- O secretario de Organización de Podemos Galicia, Juan Merlo, quer facer un chamamento a todos os inscritos e inscritas e xente movilizada na formación para que se apunten no censo de militantes que se acaba de abrir hai uns días co obxecto de mellorar a organización e coñecer ben o mapa dos diferentes xeitos de participación en cada territorio.

A construción deste censo é un dos compromisos adquiridos en Vistalegre2, como mellor fórmula para saber cómo organizarse en cada municipio e construir así, dende a base, o movimento popular necesario para retos tan próximos como as vindeiras elecións nos concellos.

Podemos puxo en marcha unha campaña a través de diferentes canles para favorecer que os inscritos e inscritas máis activos se apunten ao censo, conscientes de que na organización existen distintos xeitos de participar e todos son igual de válidos.

Trátase, segundo explica Merlo, de implementar un novo documento organizativo e, en particular, de poder distinguir entre diferentes estructuras municipais dependendo do número de militantes que haxa en cada municipio.

Galicia, máis participativa

O secretario de Organización en Galicia salienta este territorio, ademais, como un dos que máis ilusión e bo traballo ten aportado, non só ao partido aquí senón a Podemos en xeral e puxo como exemplo a numerosa participación nas diferentes consultas e o volume de aportacións feitas aos documentos aprobados en Vistalegre2.

Neste sentido, Merlo puxo en valor a eleción nesa asamblea de Carmela Docampo, do Circulo de Valdeorras e do sectorial de Feminismos, como a representante no CCE dos Círculos a nivel estatal.

“Buscamos crear unha estructura máis compacta –engade- que serva para dar co mellor enfoque en cada lugar ás diferentes campañas, retos e iniciativas que queiramos levar adiante. Queremos o empoderamento da xente en todos os níveis territoriais e níveis de representación e participación”.

Baixo o lema, “Ti constrúes Podemos”, o censo estará aberto de xeito permanente para posibilitar a inscrición en calquera momento, “un censo no que tamén poden participar os inscritos e inscritas que residen no estranxeiro, froito moitos deles da emigración que padecemos, sobre todo en Galicia, polas políticas de recortes do PP, de aí a súa implicación activa no que segue a pasar no país”, explica Merlo.

A páxina de inscrición é https://participa.podemos.info/registro-censo- militantes.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies