Podemos convoca primarias en once cidades galegas para elixir aos seus dirixentes locais

Podemos convoca primarias en once cidades galegas para elixir aos seus dirixentes locais

Podemos convoca primarias en once cidades galegas para elixir aos seus dirixentes locais

Un Podemos máis aberto e democrático será tamén un Podemos máis forte para encarar o traballo que temos por diante: consolidar o espazo do cambio en Galicia nas municipais do 2019 e prepararnos para gañar ao PP nas autonómicas do 2020

Antón Gómez Reino

Compostela, 7 de novembro do 2018.-

O Consello Cidadán Autonómico ( CCA) de Podemos Galicia convocou asembleas cidadás locais para elixir os secretarios xerais municipais de once cidades e vilas galegas. A decisión tomouse onte por unanimidade no seo do órgano de dirección da formación a proposta do novo secretario xeral, Antón Gómez-Reino.

A celebración de primarias nas sete grandes cidades de Galicia (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago, Pontevedra e Vigo) era un dos compromisos de Gómez-Reino para reactivar o partido a nivel local, ampliar a capacidade de decisión das bases e impulsar o funcionamento aberto e democrático da formación.

Ademais de nas sete cidades, o Consello Cidadán de Podemos Galicia tamén acordou celebrar primarias en Ames (A Coruña), Gondomar (Pontevedra), Sanxenxo (Pontevedra) e Sarria (Lugo), as catro localidades que cumpren cos requisitos internos esixidos para convocar procedementos de elección directa dos secretarios xerais municipais.

Gómez-Reino valorou a decisión do Consello Cidadán asegurando que coa convocatoria de primarias locais Podemos cumpre co compromiso que adquiriu ante os inscritos na formación durante a campaña das primarias autonómicas. “Un Podemos máis aberto e democrático, impulsado desde as bases, será un Podemos máis forte e capacitado para encarar o traballo que temos por diante: consolidar o espazo do cambio en Galicia nas municipais do 2019 e prepararnos para gañar ao PP nas autonómicas do 2020”.

O procedemento das asembleas cidadás locais empezará hoxe e ata o vindeiro luns, 12 de novembro, coa preinscrición de candidaturas e documentos. As votacións, mediante sistema telemático, rexistraranse entre o martes 20 e o domingo 25 de novembro. O proceso seguirá os pasos que se detallan no seguinte calendario:

  • Preinscrición de candidaturas e documentos: ata o 12 de novembro.
  • Publicación de precandidaturas antes de ser avaladas: 13 de novembro.
  • Solicitude e concesión de avais persoais e colectivos e correccións: do 13 ao 15 de novembro
  • Publicación de candidaturas definitivas: 16 de novembro.
  • Campaña electoral e debates presenciais: do 16 ao 25 de novembro.
  • Votacións telemáticas: do 20 ao 25 de novembro.
  • Verificacións, aplicación do procedemento antifraude e reconto: 26 de novembro.
  • Publicación de resultados: 27 de novembro

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies