Podemos esixe a Luís Villares que repoña a legalidade do proceso electoral de En Marea.


Podemos esixe a Luís Villares que repoña a legalidade do proceso electoral de En Marea.


Podemos esixe a Luís Villares que repoña a legalidade do proceso electoral de En Marea.


Tras a súa reunión celebrada hoxe, o Consello de Coordinación Galego de Podemos Galicia desexa facer público o seguinte comunicado:

En Marea está asistindo á completa quebra do seu proceso electoral por parte de Luís Villares e da Coordinadora saínte do partido. A súa pretensión de converter En Marea nun partido á súa medida e enfrontado a todas as forzas políticas da unidade popular, a maioría das mareas, e alleo á lóxica democrática das mareas.
             
Desde a convocatoria das primarias asistimos a un proceso pragado de irregularidades e escurantismo que culmina coa expulsión de tres membros de Comité Electoral elixidos democraticamente, contrario ao regulamento electoral de En Marea e ao procedemento de primarias de calquera forza política democrática.
             
Estes tres membros foron expulsados vulnerando os seus dereitos fundamentais de participación política e sen a preceptiva apertura dun expediente sancionador e sen respectar o máis mínimo procedemento democrático garantista.
             
A actual dirección de En Marea fracturou primeiro o espazo do cambio e agora está violentando todos os seus órganos co obxectivo de controlar o proceso electoral para favorecer á súa propia candidatura continuista. Luís Villares quere ser xuíz e parte, e determinar unilateralmente unhas novas regras de xogo feitas á súa medida para limitar a participación e facer todo tipo de irregularidades para que gañe a candidatura que encabeza.
             
Toda esta fraude estase urdindo ocultando toda a información e a documentación ás partes implicadas, negándolle dita información ao Comité electoral, a unha das candidaturas concorrentes e ao conxunto dos inscritos de En Marea. Entre a documentación retida atópanse as dúas auditorías encargadas pola propia Coordinadora de En Marea.
             
A actual dirección de En Marea está actuando pola vía de facto contra o procedemento democrático do que En Marea dotouse no último plenario, sen que haxa constancia pública dos órganos e as decisións que adoptan os actos que vulneran a legalidade interna e a lexitimidade democrática, alterando de forma inxustificada e antidemocrática os resultados do plenario.
             
Nesta situación, coñecemos que a candidatura ‘Entre todas’, vendo vulnerados todos os seus dereitos, ven de requirir no día de hoxe a Luís Villares para que se entregue de forma inmediata toda a documentación na que se adoptaron todas estas decisións irregulares para actuar en consecuencia.
             
Toda esta documentación xa debería ser coñecida polas partes afectadas, a súa ocultación só pode ser comprendida pola falta de fundamento regulamentario e democrático dos acordos.
             
Podemos esixe restaurar inmediatamente a legalidade de En Marea e o seu proceso electoral, para o que demanda restablecer no seu cargo aos tres membros do Comité Electoral ilicitamente expulsados, con pleno respecto aos seus dereitos.
             
Podemos entende que ate que non se reciba a información solicitada e ata que non se conte coa certeza plena de que eses procedementos van celebrar con todas as garantías de limpeza, transparencia e equidade non hai elementos para ningún proceso electoral interno.
             
Podemos Galicia esixe transparencia e que se restauren os mínimos democráticos en En Marea como paso imprescindible para a participación en calquera procedemento electoral ou orgánico de En Marea.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies