Podemos Galicia apoia a campaña #NiTTIPniCETA

Podemos Galicia apoia a campaña #NiTTIPniCETA

Podemos Galicia apoia a campaña #NiTTIPniCETA

Está previsto que o próximo 14 de febreiro o pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo vote a ratificación do acordo de comercio e investimento entre a UE e Canadá, o CETA, , que, de aprobarse, resultaría nunha perda de emprego tanto nos estados da Unión Europea como en Canadá, deixando tamén libre o camiño ás empresas para privatizar servizos públicos que máis tarde serían moi difíciles de recuperar. Ademais, vulneraríanse os dereitos dos consumidores, prexudicaría a saúde publica e o medio ambiente.

Ante a inminencia do acordo e sumándose a outras tantas accións de oposición levadas a cabo nestes últimos anos, este 21 de xaneiro convócase o ‘Día de Acción Global’ para esixir o Parlamento Europeo que vote “NON” a esta resolución. No estado español xuntáronse máis de 20 cidades a esta chamada.

Estes tratados de libre comercio, negociados a espaldas da cidadanía e con escasa información pública, terían, de aprobarse, serias consecuencias para a nosa economía, dereitos e calidade de vida:

    • Tanto no CETA como no TTIP preténdese regular un sistema de resolución de conflitos inversor-estado de aceso exclusivo a inversores extranxeiros. Este metodo permitiría ás compañías privadas demandar aos Estados por leis lexítimas de protección aos consumidores, saltando por riba dos parlamentos e dos procedementos democráticos, aumentando a vulnerabilidade dos Estados fronte aos lobbies e debilitando seriamente a nosa democracia. Nesta última semana, a maior asociación de xuíces en Alemaña (DRB) opúxose á proposta deste novo sistema xudicial, afirmando que “non hai base legal ou necesidade”.
 
    • O CETA é un obstáculo para a loita contra o cambio climático. Fomenta o transporte transatlántico, a comercialización do crú de fracking, frea a produción de enerxía limpa local.. e todo a costa de dar máis poder ás multinacionais de enerxía e aumentar radicalmente as emisións de CO2.
Galicia
    • O CETA non só non vai crear emprego, senón que o vai destruír. Estímase unha perda de 200.000 postos de traballo en toda Europa e máis de 20.000 en Canadá. Por riba, tanto os dereitos laborais como a negociación colectiva non aparecen recollidos no tratado.
 
    • Todos os servizos públicos (sanidade, educación, etc.) abririanse á posibilidade da privatización. Os gobernos europeos terían que eliminar algúns servizos do tratado, senón, todos automaticamente se abrirían á competencia de provedores estranxeiros e sería moi difícil (e caro) para os gobernos volvelos recuperar.
 
    • Os Estados membros da Comisión Europea perderían o 90% das denominacións de orixe. Co CETA, os consumidores non terían ningunha garantía de que a tenreira galega, arroz valencián, vinagre de xerez ou a banana de Canarias, fosen producidas con criterios de calidade en Galicia, Valencia, Andalucía e Canarias. Estes produtos poden ser fabricados e plaxiados en Canadá, sen que os produtores españois poidan levantar unha soa queixa.
 

O secretismo durante todo o proceso, a falta de democracia na toma de decisións, a maior vulnerabilidade ante crises financieiras, o reforzado papel dos lobbies fronte aos Estados, os perigos para os consumidores, a saúde publica e o medio ambiente… lévanos a tomar posicións e a apoiar as manifestacións descentralizadas contra o CETA e a campaña #NoalTTIP e a pedir ao parlamento europeo que non ratifique este tratado.

 

Este 21 de xaneiro ás 12:00 apoiamos as concentracións en Vigo e Ourense. Súmate! #NiTTIPniCETA

Secretaría de Economía

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies