Podemos Galicia inicia o diálogo para reforzar a proposta de maiorías que continúe o camiño da unidade en Galicia nas vindeiras eleccións..

Podemos Galicia inicia o diálogo para reforzar a proposta de maiorías que continúe o camiño da unidade en Galicia nas vindeiras eleccións..

Podemos Galicia inicia o diálogo para reforzar a proposta de maiorías que continúe o camiño da unidade en Galicia nas vindeiras eleccións..

As eleccións xerais do 28 de abril esixen de nós seguir a sumar forzas reimpulsando o camiño da ferramenta que dea resposta electoral ás demandas de tantas e se sitúe ao servizo das maiorías sociais de Galicia significando, de novo, un freo as políticas de dereita, neste caso da dereita mais extrema e conservadora.

Hai tres anos construímos unha alternativa plural para recuperar a democracia, defender o público, salvagardar o Estado do Benestar, reverter os recortes e rescatar a soberanía popular. Unha alternativa de coalición e suma que fixo que Galicia tivera unha  potencia de representación, visibilidade e capacidade de interlocución política inédita ata o momento para o noso país.

Hoxe volven convocar unha eleccións ás Cortes Xerais coa ameaza da extrema dereita ás portas. Os dereitos das mulleres, o autogoberno, o Estado do Benestar, a diversidade, as liberdades, os dereitos humanos máis básicos, volven estar en perigo.

Ante esta situación desde Podemos Galicia iniciamos o diálogo entre as tres forzas que nos xuntamos en 2015 para impulsar, en concordancia coas mareas municipalistas, a coalición electoral que levou a voz de máis de 400.000 galegas e galegos ao Congreso e ao Senado. Un diálogo aberto a axentes políticos, cidadáns e sociais, para continuar a traxectoria de compromiso coa cidadanía galega.

Durante esta lexislatura o grupo da Marea no Congreso -xurdido como froito da coalición das tres forzas- foi quen de situar os problemas da xente na axenda pública do Estado e alcanzar algúns dos logros máis relevantes das últimas décadas. A subida a 900€ do Salario Mínimo Interprofesional ou a revalorización das pensións son exemplos de incorporación dunha nova axenda social que beneficia a millóns de persoas.

Desde Podemos Galicia analizamos e valoramos de forma moi positiva o traballo feito ate aquí. E sabemos cal é o camiño a continuar: iniciativa política apegada aos problemas reais da xente, da cidadanía galega, teñan a forma que teñan: igualdade, dereitos LGTBI, Alcoa, industria, naval, municipalismo, financiación territorial, loita contra a precariedade, rías, dependencia, ferrocarril, pesca, cultura, leite, Long Hope, memoria democrática, Meirás.. Continuar a situar as demandas das maiorías sociais de Galicia no debate da acción de goberno e nas cuestións que importan para a vida da xente.

Podemos Galicia inicia polo tanto o diálogo cos aliados cos que vimos construíndo ferramentas de maiorías no noso país para, en paralelo ao diálogo nos órganos do propio partido e coas nosas bases, xunto aos axentes sociais e cidadáns da Galicia máis dinámica e transformadora, definir a ferramenta coa que continuar e reforzar o traballo que traslada a voz e as demandas das galegas e os galegos ao Congreso e ao Senado.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies