Saneamento da ría do Burgo… non saben, non contestan!

Saneamento da ría do Burgo… non saben, non contestan!

Saneamento da ría do Burgo… non saben, non contestan!

Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- A secretaria xeral de Podemos Galicia e Vicevoceira 2ª do GP  En Marea, Carmen Santos, esixiulle á Xunta de Galicia no pleno parlamentario que se execute a limpeza da ría do Burgo pola situación que padece, unha situación que, en palabras de Carmen Santos, “é extremadamente delicada”.  Unha situación de urxencia que afecta ao emprego: nos anos 70 “supuña 2.000 postos de traballo e agora só conserva 90 “.

Estes traballadores, dos que unha parte estaban na tribuna do Parlamento, levan anos denunciando a situación da ría, pedindo actuación inmediatas e comprobando que as promesas para a súa limpeza quedan sempre sen cumprir. Santos explicou na súa intervención que o PP “están a marear a perdiz, porque sabe perfectamente que urxe eliminar os lodos e a contaminación. Teñen no seu poder informes técnicos que o deixan claro. Vostedes mesmos o recoñecen e fixeron moitas  promesas”.

O PP, por medio de Beatriz Mato, conselleirade Medio Ambiente, admitiu que Europa “nos deu un tirón de orellas sobre a ría do Burgo”, pero lonxe de ofrecer datas ou planos de limpeza botou balóns fóra sen contestar ás preguntas da nosa voceira. Mato compareceu ante a ausencia da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, a quen lle correspondía esta pregunta mais “fuxiu” da mesma, nun exercicio de claro “desprezo” aos afectados, que se sentiron moi decepcionados con esta actitude, explica a parlamentar.

Pola súa parte, Carmen Santos, preguntou se a consellería era “consciente de que as capturan reducíranse de forma espectacular” por causa da situación da ría “con algunhas especies que padecen unha altísima mortandade”.  Santos lembrou que en 2015 o goberno de Rajoy realizou un proxecto de limpeza da ría por valor de 46,3 millóns de euros, “un proxecto que, ademais da mellora da ría, suporía a creación duns 400 postos de traballo”. Pero desa promesa, nos orzamentos para este ano, como constatou En Marea no Congreso, só se consigna un millón de euros. Este proxecto ademais de carecer de orzamento, carece de prazos de execución, estimación de costes e o plan de reparto das inversións ante as administracións implicadas como respostou a propia ministra ao noso compañeiro no grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea Antón Gómez Reino.

Santos urxiu á Xunta a acabar con este situación porque sinalou que os lodos estaban alcanzando xa os 1,70 metros de espesor, o que está matando a capacidade de produción da ría e imposibilitando calquera tipo de vida na ría e a maior parte das actividades que se desenvolven arredor dela.

Audio Carmen Santos no Parlamento https://www.dropbox.com/s/sr1wiwtznzpglgc/audio%20Carmen%20r%C3%ADa%20do%20Burgo.m4a?dl=0

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies